Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 03 de febreiro de 1998 Páx. 982

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 28/1998, do 22 de xaneiro, polo que se declara a delimitación do contorno de protección da igrexa de Santa María, no concello de Xunqueira de Espadanedo, provincia de Ourense.

Por Real decreto 3049/1980, do 12 de decembro (Boletín Oficial del Estado do 2 de febreiro de l981), foi declarado ben de interese cultural, con categoría de monumento, a igrexa de Santa María, no concello de Xunqueira de Espadanedo, provincia de Ourense.

Sendo a devandita declaración anterior á entrada en vigor da Lei l6/l985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español (Boletín Oficial del Estado do 29 de xuño), e da Lei 8/l995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro), cómpre na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno de protección.

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural por Resolución do 26 de maio de l997 (DOG do 16 de xuño) incoou expediente para a delimitación do contorno da igrexa de Santa María, no concello de Xunqueira de Espadanedo,provincia de Ourense.

A tramitación do expediente levouse a cabo segundo o disposto na Lei 8/l995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e demais disposicións vixentes.

Tendo en conta o disposto no artigo 12 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dia vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declara-la delimitación do contorno de protección da igrexa de Santa María, no concello de Xunqueira de Espadanedo, provincia de Ourense, segundo o disposto no artigo 11 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Segundo.-A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación, do anexo I, e no plano do anexo II.

Terceiro.-O presente decreto será notificado ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, ó concello e ós interesados.

Cuarto.-O presente decreto publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

Disposición derraderia

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO I

Comezamos polo nordés da capital.

l.2. Trazámo-la delimitación seguindo como límite do contorno protexido a estrada que vai desde Rebo

reda a Barrio, «1» atópase no cruzamento entre esta estrada e o camiño de Lagás que entra en Xunqueira. «2» atópase ó sur no cruzamento que desde esta estrada e preto ó núcleo de Barrio sae tamén para Xunqueira.

2.3. Desde «2» segue a delimitación pola estrada de Barrio ata entrar xa en Xunqueira. «3» achámolo no recanto nordés da parcela municipal 02 no polígono 32.62.0 do catastro de urbana, considerando esta fóra da delimitación.

3.4. Continuamos polo límite norte da devandita parcela, ata «4» que se atopa ó remate desta fronte.

4.5. Delimitación polo camiño Cagallas e límite norte de parcelas 03 e 04 do polígono 31.61.0 do catastro de urbana, quedando estas fóra da delimitación.

5.6. Delimitación seguindo unha banda de l5 m desde o eixe da rúa Obellariza que protexe un anaco dos soares 06 e 05 do polígono 31.61.0 segundo catastro de urbana.

Seguimos nesa banda de 15 m no polígono 30.60.5 nas parcelas 01, 02, 03 e xa fóra do contorno protexido a parcela 04 deste polígono sérvenos como límite para fixa-lo punto «6».

6.7. Cruzámo-la rúa ata atopa-lo punto «7» que se acha a l5 m. do eixe da rúa Obellariza e con límite na fronte norte do solar 12 do polígono 30.61.4, fóra do contorno protexido.

7.8. Seguimos protexendo unha banda de 15 m. desde o eixe da rúa que pasa polos soares 11, 10, 09,

08, 07, 06, 05, 04 e 03 do polígono 30.61.4, e ó pasar pola travesía de Obellariza, a delimitación segue coa banda de 15 m desde o eixe da rúa, no polígono 31.62.7 cos soares 13, 12, 11, 10, 09, 08, 07, 06, 05, 04, 03, 02 e 01.

8.9. No polígono 31.63.6 a delimitación ten por límite os soares 13, 12, 11, 10, 09, 08, 07, 06, 05, 04, 03, 02 e 01 que quedan contidos na protección, ata o Camiño de Veiga no que seguimos no polígono 30.64.0 sendo o límite da protección os soares 26, 23, 27, 28, 18, 17, 16 e 12 contidos eles mesmos na protección.

9.10. Cruzámo-la rúa da Touza ata topa-lo polígono 31.64.7, e o límite vai polos soares 18 e 17 do mesmo polígono, estes fóra da protección.

10.11. Límite da protección no polígono 31.64.7 cos soares 16, 03, 04, 05, 06 07 e 08 todos eles protexidos.

De seguido continuamos polo polígono 31.64.6 do catastro de urbana cos soares 03, 01 e 02 que delimitan o contorno e se inclúen na protección, ata o soar 23 do polígono 31.63.0 onde atopámo-lo punto «11».

11.12. Delimitación pola estrada da Barreira na fronte norte do polígono 31.63.0 cos soares 23 e 01 de bordo da delimitación e contidos nela. «12» atopámo-lo no cruzamento do camiño de Lagás coa estrada de Graña.

12.1. Desde «12» seguindo o camiño de Lagás ata atoparnos con «1» no seguinte cruzamento.

98-714