A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día 8 de agosto de 1997, aprobou o proxecto de 12 R.V.L. 97 O Incio. E.P. O Incio-Foilebar-Vilarxoán, alargamento e mellora p.k. 4,900 ó 5,900 e na sesión celebrada o día 28 de xullo de 1997 acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. A deputación remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 15 de outubro de 1997, baixo o número 14759.
Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.
A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 30 de decembro 1997, nº 18313.
Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque as obras de referencia figuran nun programa de cooperación económico local e os terreos son necesarios para inicia-las obras dentro dos prazos sinalados pola normativa ó respecto.
A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.
Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e oito,
DISPOÑO:
Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de
Lugo para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto: 12 R.V.L. 97 O Incio. E.P. O Incio-Foilebar-Vilarxoán, alargamento e mellora p.k. 4,900 ó 5,900.
Santiago de Compostela, vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e oito
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Jesus C. Palmou Lorenzo
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais
718