Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 03 de febreiro de 1998 Páx. 985

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 30/1998, do 22 de xaneiro, polo que se declara ben de interese cultural, con categoría de conxunto histórico, o núcleo antigo da vila de Castro Caldelas, provincia de Ourense.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, por Resolución do 14 de maio de l997, (Diario Oficial de Galicia do 4 de xuño ) incoou expediente de declaración de ben de interese cultural, con categoría de conxunto histórico, a favor do núcleo antigo da vila de Castro Caldelas, provincia de Ourense.

A tramitación do expediente levouse a cabo de acordo co establecido na Lei 8/l995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro), e demais disposicións vixentes.

Tendo en conta o disposto no artigo l2 da Lei 8/l995, do 30 de outubro, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declarar ben de interese cultural, coa categoría de conxunto histórico, o núcleo antigo da vila de Castro Caldelas, provincia de Ourense.

Segundo.-A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación que consta no anexo I e no plano do anexo II.

Terceiro.-O presente decreto seralles notificado ós interesados, ó concello, ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, e ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Cuarto.-O presente decreto publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO I

Comeza a delimitación na ponte situada no quilómetro l da estrada Castro Caldelas-Monforte de Lemos,sobre o regato da Cubierca (punto A), segue

pola estrada 50 m. cara a Castro Caldelas ata atopar un cruzamento á esquerda (punto B) do que parte unha pista chamada Camiño de Sabín que descende ó río Caldelas (punto C); avanza polo río uns 60 m ata o vértice da parcela 914 do polígono catastral 104 (punto D).

Desde aquí, deixa o río e vai coincidindo cos lindeiros das parcelas catastrais 914, 915, 923, e 924 do polígono 104 ata atopa-la estrada que conduce de Alais a Paradela (punto E), avanza pola estrada á dereita uns 100 m ata o vértice nordeste da parcela catastral 37 do polígono 81 (punto F); deixa a estrada e continúa polos lindeiros das parcelas 37, 38, 35, 42, 29, 48, 49, 50, 54, 52, 22, 21, 20, 19, 17 e 16 do polígono 81 ata chegar ó río Caldelas de novo (punto G).

Continúa polo río Caldelas e os lindeiros das parcelas 216, 217, 218, 219, 222 e 308 (punto H) do polígono 83; deixa o río para continuar polos lindeiros das parcelas 308, 309, 198 y 199 do mesmo polígono, para rematar desde o vértice sur desta última parcela ata a Avda. Padre Feijóo (punto I).

Desde o nº 5 da Avda. Padre Feijóo percórrense 50 m. en dirección sureste ata a confluencia coa rúa chamada Camiño de Trascastro (punto K). Desde este punto atravesa a rúa das Laguiñas á altura dos números 19 e 21 e desde aquí, entre as parcelas 2 e 4 da rúa de San Sebastián, atrevesa o Camiño da Zanxa á altura da parcela nº 3; cruza de novo á rúa Franco Pizarro incluíndo na delimitación a parcela nº 2 do Camiño da Zanxa e a nº 5 da rúa Franco Pizarro. Desde aquí atravesa a rúa do Toural á altura dos números 9 e 11 desta rúa e avanza uns 15 m en dirección norte (punto L). Desde aquí e coincidindo co límite do núcleo histórico establecido no documento de revisión das normas subsidiarias municipais, chega á estrada de Ourense á altura da praza da Fonte Grande (punto M). Atravesa a estrada e continúa pola parcela municipal ata a rúa Devesa do Conde, de nova apertura (punto N) e desde aquí, coincidindo co límite do ámbito do plan parcial residencial predio do Conde de Oleiros, aprobado

na sesión municipal do 29 de xuño de l990, chega ata o punto A, pechando así a delimitación.

710