Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 1998 Páx. 1.194

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO

Ó ser aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data do 12 de decembro de 1997, en virtude do establecido no artigo 42.1 LSG, o expediente elaborado polo Servicio Municipal de Arquitectura de modificación puntual das ordenanzas do PXOU vixente no solo urbano non incluído no ámbito do PEPRI, co obxecto de posibilita-lo uso do subsolo dos terreos dos sistemas viarios e de espacios libres de dominio público para servicios comunitarios (aparcamentos subterráneos, accesos peonais, infraestructuras, dotacións, etc.).

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo (oficinas municipais de Quiroga Balles

teros), e presentarse reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 5 de xaneiro de 1998.

Vº e Prace

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

445