Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 1998 Páx. 1.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-278).

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 22 de setembro do 1997, acordou aprobar definitivamente o expediente denominado delimitación e determinación do sistema de compensación, como o de actuación, na UA-1 do Plan Especial de Acondicinamento do porto e praia de Mera, en Xoez-Serantes (Oleiros). Contra este acordo, que lle pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte a aquel no que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advírteselle que o artigo 110.3º da lei require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpor-lo recurso extraordinario de revisión cando convoca algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos

establecidos no apartado 2º do mesmo artigo 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados para formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da citada lei.

Oleiros, 27 de novembro do 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa

906