Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 1998 Páx. 1.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno desta Corporación o día 22 de xaneiro de 1998, o prego de cláusulas administrativas que rexerán no concurso, con procedemento aberto, trámite ordinario, para a contratación do servicio de limpeza dos contedores de residuos sólidos urbanos do Concello de Poio, exponse ó público durante o prazo de oito días contados a partir do seguiente ó da publicación deste anuncio no BOP, para que se poidan presentar alegacións.

Simultaneamente, anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se se producen reclamacións ó prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Poio.

b) Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: a contratación do servicio de lavado e hixienizado dos contedores adscritos o servicio de recollida e dos que poidan incrementarse.

b) Duración: o contrato terá unha duración ata o 31 de decembro de 1998, con posibles prórrogas anuais ata un máximo de 5 anos.

3. Tramitatación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías.

a) Provisional: 100.000 ptas.

b) Definitiva: 200.000 ptas.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Poio. Servicio de Contratación. Domicilio: praza do Mosteiro, 1 Poio 36995. Teléfono: 770038, fax: 771277.

b) Data límite de obtención de documentos e información: día anterior ó do remate de presentación de ofertas.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Poio, de 9 a 14 horas.

7. Apertura de ofertas.

c) Pola mesa de contratación, ás 13.30 horas do día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas, que non cadre en sábado.

8. Gastos de anuncios.

d) Por conta do adxudicatario, segundo se indica no prego.

9. Criterios de adxudicación: os que se citan na cláusula 10ª do prego.

Poio, 23 de xaneiro de 1998.

Luciano Sobral Fenández

Alclade

488