O Pleno do Concello, en sesión con data do dez dos correntes aprobou inicialmente o estudio de detalle dunha parcela sita na rúa Antonio Palacios (O Porriño), promovido por Geo Porriño, S.L.
O devandito estudio de detalle e o expediente sométense a información pública durante un mes mediante este anuncio que se publica no Diario Oficial de Galicia e tamén nun dos xornais de maior circulación na provincia.
No indicado prazo, o expediente queda exposto na Secretaría do Concello tólos días hábiles das 9 ás 14 horas, podendo presentarse alegacións e reclamacións ó estudio de detalle aprobado inicialmente.
O Porriño, 30 de decembro de 1997.
José Manuel Barros González
Alcalde
810

