Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 1998 Páx. 1.693

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a do 28 de xaneiro de 1998 pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril.

Advertidos erros na citada resolución publicada no DOG nº 28 do 11 de febreiro de 1998 cómpre face-las seguintes modificacións:

Na páxina 1.314 na base 2ª lista B terceiro parágrafo onde di: «Cada interesado só poderá presentar solicitude para ser incluído nunha lista concreta e dentro desta nos ámbitos territoriais que desexe», debe dicir: «Cada interesado poderá presentar solicitude para ser incluído nunha ou máis listas, e dentro destas nos ámbitos territoriais que desexe».

Na mesma base 2ª lista B debe suprimirse o último parágrafo que dicía: «A presentación da solicitude nesta convocatoria suporá a exclusión inmediata nas demais listas nas que figure o interesado».

No anexo IV impreso de autoliquidación de taxas onde di: «Consellería de Familia Muller e Xuventude Cod. 14», debe dicir: «Consellería da Presidencia e Administración Publica Cod. 04».

A consecuencia desta modificación prorrógase o prazo de presentación de solicitudes para os interesados nas listas das escalas superior e técnica de finanzas ata o día 13 de marzo de 1998.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Fundación Pública