Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 1998 Páx. 1.695

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1998, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración da delimitación do contorno de protección da igrexa de San Martiño de Mondoñedo, no concello de Foz, provincia de Lugo.

Por Decreto do 3 de xuño de 1931, (Gaceta de Madrid do 4 de xuño), foi declarado ben de interese cultural con categoría de monumento histórico artístico, a igrexa de San Martiño de Mondoñedo, no concello de Foz, provincia de Lugo.

Sendo a devandita declaración anterior á entrada en vigor da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español (Boletín Oficial del Estado) do 29 de xuño e da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do pratiminio cultural de Galicia (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro), cómpre na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno de protección.

En consecuencia, vistos os informes dos servicios técnicos desta dirección xeral e órganos consultivos da Consellería de Cultura, Comunicación social e Turismo, en materia de bens culturais, sendo uns e outros favorables á incoación do expediente para a declaración da delimitacion do contorno de protección da igrexa de San Martiño de Mondoñedo, no concello de Foz, provincia de Lugo, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Incoar expediente para a declaración da delimitación do contorno de protección da igrexa de San Martiño de Mondoñedo, no concello de Foz, provincial de Lugo, segundo o disposto no artigo 11 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Segundo.-Delimita-la zona afectada pola mentada incoación do xeito que se especifica literal e graficamente no anexo I e II da presente resolución.

Terceiro.-Continua-la tramitación do expediente segundo as disposicións vixente.

Cuarto.-Dar traslado da resolución ó Concello de Foz, provincia de Lugo, e notificarlle que segundo o disposto no artigo 10.3º da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, a incoación dun expediente para a declaración dun ben de interese cultural determinará, respecto do ben afectado, a aplicación inmediata e provisional do réxime de protección previsto na presente lei para os bens xa declarados. No caso de bens inmobles, ademais, será aplicable o estipulado no artigo 35.1º da presente lei.

Quinto.-Notifica-la presente resolución ós interesados, ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, e ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Sexto.-A presente resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, e abrirase un período de información pública dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 xaneiro de 1998.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral do Patrimonio Cultural

ANEXO I

Comeza a delimitación no punto I, no cruzamento das pistas onde converxen as parcelas 1192, 1196, 1257 e 1284. Avanza a liña endirección NO coin-

cidindo co regato que delimita as parcelas 1253, 1252, 1251, 1249 e 1248 ata o vértice norte desta última parcela, onde se atopa o punto 2.

Continúa polo lindeiro que separa as parcelas 1248 e 1247, cruza a pista e segue polo lindeiro das parcelas 1236 e 1237 para, en liña recta, atravesa-la parcela 1229 e chegar ó camiño que bordea o lugar de Marcos e que constitúe o límite do polígono da concentración parcelaria, punto 4.

Segue por esta camiño en dirección ó lugar de Calvario ata chegar á estrada asfaltada que une Calvario con San Martiño, punto 4.

Cruza a estrada e continúa polo lindeiro que separa as parcelas 1224 e 1225, bordea a parcela 1224 e, seguindo os lindeiros das parcelas 1219 e 1220 chega á estrada de Ferreiros a Foz, punto 5.

Avanza por esta estrada en dirección leste uns 75 m e xira en dirección sur entre as parcelas 1122 e 1121 para saír ó camiño que delimita o polígono da concentración parcelaria, no lindeiro sur da parcela 1120, punto 6.

Continúa por este camiño-lindeiro en dirección oeste, incluíndo o lugar dos Muíños ata chegar ó vértice sur da parcela 1138, no cruzamento co camiño que conduce ó lugar de Peal, punto 7.

Desde o punto 7, a liña avanza polo dito camiño, cruza a estrada de Ferreiros a Foz e, pola pista parcelaria, chega ó punto 1 onde se pecha a delimitación.