Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 1998 Páx. 1.708

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

TRIBUNAL ECONÓMICO ADMINISTRATIVO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

ACORDO do 5 de febreiro de 1998 polo que se notifica a resolución referida á reclamación económico-administrativa 555-OR 97/5, interposta por Ernesto González Covelo.

Intentada inutilmente a notificación domiciliaria da seguinte resolución, corresponde á reclamación económico administrativa interposta por Ernesto González Covelo (domicilio: Ervedelo, 48-7º C Ourense), procédese á súa publicación de acordo co artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dos artigos 83 e 86 do R.D. 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas:

Presidenta: María Casais Mira.

Vocais: Joaquín Caballero Miranda, Matías Alonso del Campo, Carlos Barrada Rodríguez.

Secretario: Juan J. Vázquez Seijas.

Vista, en sesión que tivo lugar en Santiago de Compostela o día 15 de decembro de 1997 coa asistencia das persoas sinaladas á marxe, a reclamación nº 555-OR 97/5 interposta por Ernesto González Covelo contra resolución de recurso de reposición interposto contra providencia de constrinximento dictada como consecuencia de non pagamento de sanción (Expte.: E.S. 04/95). Liquidación C1100094320117562 por importe de 60.0001 ptas.

Resultando 1º: que o interesado foi sancionado pola Delegación de Ourense do Instituto Galego da Vivenda e Solo, con data do 13-4-1995 cunha multa de 50.001 ptas., pola comisión dunha infracción con relación a vivendas de protección oficial.

Resultando 2º: que o interesado incorreu na vía de constrinximento ó non satisface-las súas débedas

en período voluntario, polo que foi expedida certificación de descuberto e dictada providencia de constrinximento polo xefe do servicio de tesourería da Delegación de Economía e Facenda de Ourense.

Resultando 3º: que contra a dita providencia o interesado interpuxo recurso de reposición ante a Delegación de Economía en Ourense, que foi desestimado con data do 11-4-1995.

Resultando 4º: que contra esta resolución desestimatoria o interesado interpuxo reclamacióin económico-administrativa ante o Tribunal Económico Administrativo Rexional de Galicia, que por resolución con data do 23-10-1996 se declarou incompetente para coñecer da reclamación, previndo o interesado da posibilidade de interpor a súa reclamación ante este tribunal.

Resultando 5º: que con data do 12-5-1997 o interesado interpuxo reclamación económico-administrativa ante este tribunal.

Vistos: a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real decreto 1684/1990, de 20 de decembro; o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas aprobado polo Real decreto 391/1996, do 1 de marzo e o Decreto 34/1997, do 20 de febreiro, polo que se regula a organización, competencias e funcionamento do Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Considerando 1º: que este tribunal é competente por razón de materia para coñecer desta reclamación, de conformidade co disposto no artigo 2 do Decreto 34/1997, do 20 de febreiro, e que foi interposta en tempo e forma por persoa con capacidade e lexitimación, de acordo cos artigos 29 e 30 do Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas, aprobado polo Real decreto 391/1996, do 1 de marzo.

Considerando 2º: que pese a que a reclamación do interesado se dirixe contra a providencia de constrinximento, as alegacións por el vertidas no seu escrito de reclamación, nos puntos terceiro e cuarto, se dirixen contra a dilixencia de embargo.

Considerando 3º: que respecto á providencia de constrinximento do exame do expediente non se aprecia a existencia de ningún dos motivos de oposición ás providencias de constrinximento previdos no artigo 99 do Regulamento xeral de recadación, non constando tampouco comunicación sobre un posible acordo de suspensión da execución da súa débeda por parte do Tribunal Superior de Xustiza.

Considerando 4º: que respecto as alegacións do interesado relativas á dilixencia de embargo, este tribunal non ten competencia para entrar a coñecer posto que a competencia nesa materia lle corresponde ó Tribunal Económico Administrativo Rexional de Galicia.

Este tribunal acorda: desestima-la presente reclamación.

Esta resolución esgota a vía económico-administrativa, contra ela poderá interpor recurso ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta publicación.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1998.

Juan J. Vázquez Seijas

Secretario do tribunal