Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 1998 Páx. 1.707

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

TRIBUNAL ECONÓMICO ADMINISTRATIVO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

ACORDO do 5 de febreiro de 1998 polo que se notifica a resolución referida á reclamación económico-administrativa 556-OR 97/5, interposta por Luis Manuel González Seoane.

Intentada inutilmente a notificación domiciliaria da seguinte resolución, correspondente á reclamación económico administrativa interposta por Luis Manuel González Seoane (domicilio: Ervedelo, 48-7º B Ourense), procédese á súa publicación de acordo co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dos artigos 83 e 86 do R.D. 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas:

Presidenta: María Casais Mira.

Vocais: Joaquín Caballero Miranda, Matías Alonso del Campo, Carlos Barrada Rodríguez.

Secretario: Juan J. Vázquez Seijas.

Vista, en sesión que tivo lugar en Santiago de Compostela o día 5 de decembro de 1997 coa asistencia das persoas sinaladas á marxe, a reclamación nº 556-OR 97/5 interposta por Luis Manuel González Seoane contra resolución de recurso de reposición interposto contra providencia de constrinximento dictada como consecuencia de non pagamento de sanción (Expte.: E.S. 04/91). Liquidación C1100094320109477 por importe de 60.0001 ptas.

Resultando 1º: que o interesado foi sancionado pola Delegación de Ourense do Instituto Galego da Vivenda e Solo, con data do 13-4-1995 cunha multa de 50.001 ptas., pola comisión dunha infracción con relación a vivendas de protección oficial.

Resultando 2º: que o interesado incorreu na vía de constrinximento ó non satisface-las súas débedas en período voluntario, polo que foi expedido certificación de descuberto e dictada providencia de constrinximento polo xefe de servicio de tesourería da Delegación de Economía e Facenda de Ourense.

Resultando 3º: que contra a dita providencia, o interesado interpuxo recurso de reposición ante a Delegación de Economía en Ourense, que foi desestimado con data do 11-4-1995.

Resultando 4º: que contra esta resolución desestimatoria o interesado interpuxo reclamación económico administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, que se declarou incompetente para coñecer da reclamación, previndo ó interesado da posibilidade de interpo-la súa reclamación ante este tribunal.

Resultando 5º: que con data do 12-5-1997 o interesado interpuxo reclamación económico-administrativa ante este tribunal.

Vistos: a Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro: o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas aprobado polo Real decreto 391/1996, do 1 de marzo e o Decreto 34/1997, do 20 de febreiro, polo que se regula a organización, competencias e funcionamento do Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Considerando 1º: que este tribunal é competente por razón de materia para coñecer desta reclamación, de conformidade co disposto no artigo 2 do Decreto 34/1997, do 20 de febreiro, e que foi interposta en tempo e forma por persoa con capacidade e lexitimación, de acordo cos artigos 29 e 30 do Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas, aprobado polo Real decreto 391/1996, do 1 de marzo.

Considerando 2º: que as alegacións do interesado se refiren á improcedencia da apertura da vía de constrinximento por terse interposto un recurso contencioso-administrativo contra a resolución sancionadora, polo que considera que o acto administrativo non é firme ata a súa resolución.

Considerando 3º: que respecto das alegacións do interesado, segundo a orde do 22 de maio de 1987, pola que se determina o procedemento que se ten que seguir na recadación en período voluntario e executivo de multas e sancións, notificada a sanción e transcorrido o prazo de ingreso voluntario, procederase á exacción por vía executiva de tódalas sancións firmes correctamente notificadas que non fosen pagadas.

Esta orde refírese ás sancións firmes en vía administrativa, esta firmeza neste caso acadouse coa resolución do recurso interposto contra a sanción imposta, notificado o día 13-4-1993. Se ben non será definitiva ata que se resolva o recurso contencioso-administrativo ó que alude o interesado, esto non é óbice para inicia-lo procedemento executivo, e neste caso para dictar esta resolución en vía económico-administrativa, sen prexuízo da resolución que

en su día dicte o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Considerando 4º: que do exame do expediente non se aprecia a existencia de ningún dos motivos de oposición ás providencias de constrinximento previdos no artigo 99 do Regulamento xeral de recadación, polo que

Este tribunal acorda: desestima-la presente reclamación.

Esta resolución esgota a vía económico administrativa, contra ela poderá interpor recurso ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta publicación.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1998.

Juan J. Vázquez Seijas

Secretario do tribunal