Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 1998 Páx. 1.709

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1998 pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios (1555/1998 e trece máis).

De acordo co establecido no artigo 38.2º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e o artigo 24.4º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, resolvo convocar concurso para cubri-las prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), corrixido

parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño; e na Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985), e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unhas das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós ditos concursos cómpren os seguintes requisitos xerais.

a) Ser español. Así mesmo, poderán acceder os nacionais dos países ós que se refire o Real decreto 800/1995, que desenvolve a Lei 17/1993.

b) Estar en posesión da titulación suficiente ou estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nas probas selectivas.

c) Non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

d) Ter cumpridos os 18 anos de idade e non ter cumpridos os 70.

e) Cumpri-los requisitos para exerce-las funcións que dentro do corpo lle poidan ser encomendadas, conforme o previsto regulamentariamente.

Terceira.-Deberán reunir, ademais, as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º ou 2º, do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría das prazas e a clase de concurso.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, de acordo co previsto no artigo 4.1º c) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel mesmo se sinalan, os interesados deberán acreditar que son eximidos de tales requisitos.

Non poderá concursar a prazas de profesor titular de universidade quen estivera contratado durante máis de dous anos como axudante nesta universidade, salvo as excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria.

Cuarta.-Os aspirantes, por dereitos de exame e dentro do prazo de presentación de solicitudes, deberán aboar na conta corrente 48/2 «Outros ingresos» de Caixa Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela, a cantidade de 4.000 ptas. en concepto de formación de expediente e por dereitos de exame. Non acredita-lo pagamento destes dereitos dentro do prazo de presentación de solicitudes será causa de exclusión.

Quinta.-Quen desexe tomar parte no concurso remitirá a correspondente instancia, debidamente cuberta, segundo o modelo que figura no anexo II ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, achegando o xustificante do pagamento de dereitos de exame e dos documentos que acrediten que reúne os requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á do fin do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Sexta.-Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitirá a tódolos aspirantes unha relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión. Contra a dita resolución os interesados poderán presentar unha reclamación ante o rector no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sétima.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a constitución, dictará unha resolución que deberá ser notificada a tódolos interesados cunha antelación mínima de quince días respecto da data do acto para o que é citado, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, os suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución dela.

b) Tódolos aspirantes admitidos a participar no concurso, para realizaren o acto de presentación dos concursantes fixando o seu día, hora e lugar de celebración.

Oitava.-No acto de presentación, os e as concursantes entregaranlle ó presidente da comisión a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, corrixido polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, se é o caso, segundo se trate de concurso ou concursos de méritos.

Novena.-Os candidatos e candidatas que se propoñan para a provisión das prazas deberán presentar na Secretaría Xeral da Universidade, nos quince días hábiles seguintes ó de concluí-la actuación da comisión, por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Declaración xurada de que non foi separado da Administración do Estado, institucional ou local, nin das administracións das comunidades autónomas, en virtude do expediente disciplinario e non acharse inhabilitado para o exercicio da función pública.

Os que tivesen a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustificar tales documentos e requisitos, pero deberán presentar unha certificación do ministerio ou organismo do que dependan, que acredite a súa condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na folla de servicios.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 1998.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Número de prazas:1

Praza nº: 1555/1998.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: dereito procesal.

Departamento ó que está adscrita: Dereito Público Especial.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: materias da área. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas:1

Praza nº: 1556/1998.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: didáctica e organización escolar.

Departamento ó que está adscrita: Didáctica e Organización Escolar.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: deseño de desenvolvemento curricular. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas:1

Praza nº: 1557/1998.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: lingua española.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Española. Teoría da Literatura e Lingüística Xeral.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: gramática española. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas:1

Praza nº: 1558/1998.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: literatura española.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Española. Teoría da Literatura e Lingüística Xeral.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: literatura española dos séculos XVIII, XIX e XX. Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas:1

Praza nº: 1559/1998.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: teoría da literatura.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Española. Teoría da Literatura e Lingüística Xeral.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: teoría da literatura. Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas:1

Praza nº: 1560/1998.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía alemana.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Inglesa e Alemana.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: literatura alemana. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas:1

Praza nº: 1561/1998.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía inglesa.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Inglesa e Alemana.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: literatura inglesa. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas:1

Praza nº: 1562/1998.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: física da materia condensada.

Departamento ó que está adscrita: Física da Materia Condensada.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: laboratorio do estado sólido. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas:1

Praza nº: 1563/1998.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: física teórica.

Departamento ó que está adscrita: Física de Partículas.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: física de partículas e mecánica cuántica. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas:1

Praza nº: 1564/1998.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: economía aplicada.

Departamento ó que está adscrita: Métodos Cuantitativos para a Economía e a Empresa.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: estatística económica e empresarial. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas:1

Praza nº: 1565/1998.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: psicolobioloxía.

Departamento ó que está adscrita: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: psicofisioloxía. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas:1

Praza nº: 1566/1998.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: teoría e historia da Educación.

Departamento ó que está adscrita: Teoría e Historia da Educación.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: teoría da educación. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas:2

Praza nº: 1567/1998 e 1568/1998.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: didáctica e organización escolar.

Departamento ó que está adscrita: Didáctica e Organización Escolar.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: novas tecnoloxías aplicadas á educación. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas:1

Praza nº: 1569/1998.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: matemática aplicada.

Departamento ó que está adscrita: Matemática Aplicada.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: fundamentos matemáticos na enxeñería. Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.