Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 1998 Páx. 1.714

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 19 de xaneiro de 1998 pola que se convocan probas selectivas para a provisión de dúas prazas de titulado superior en investigación e desenvolvemento, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

Advertidos erros, na devandita resolución, publicada no DOG nº 28, do mércores, 11 de febreiro de 1998, cómpre efectua-las oportunas correccións:

-Na páxina 1.343, no punto 2.1.c), debe dicir: «Estar en posesión do título de doutor, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto».

-Na páxina 1.344, no punto 3.4, debe dicir: «Os dereitos de exame serán de: 9.180 ptas.».

-Na páxina 1.345, no punto 8.1.a), debe dicir: «Fotocopia do título de doutor, licenciado, arquitecto ou enxeñeiro».

-Na páxina 1.346, deberá substituírse integramente o anexo I:

ANEXO I

Exercicios e valoración

a) Fase de oposición.

Primeira parte: a primeira parte do proceso selectivo desenvolverase en dous exercicios, obrigatorios

e eliminatorios, terá un peso relativo en relación á puntuación total da proba dun 65%.

Primeiro exercicio: constará de dúas probas:

a) Primeira proba: consistirá na realización por escrito dun cuestionario de preguntas tipo test, con catro respostas alternativas, das que só unha será correcta, baseado no contido da primeira parte do programa (que se relaciona no anexo II).

O tempo máximo de realización deste exercicio será de 180 minutos.

Cualificarase de 0 a 130 puntos. Para superalo será necesario obter alomenos 65 puntos.

Cada resposta errónea descontará sobre o valor da resposta acertada:

-Un 33% no primeiro 10% de respostas erróneas, sobre o total das preguntas formuladas.

-Un 50% no segundo 10% de respostas erróneas, sobre o total das preguntas formuladas.

-Un 67% nas restantes respostas erróneas, sobre o total das preguntas formuladas.

b) Segunda proba: consistirá na redacción dun tema escollido ó chou entre os que figuran na primeira parte do anexo II.

O tempo máximo de realización deste exercicio será de 90 minutos.

Cualificarase de 0 a 130 puntos. Para superalo será necesario obter polo menos 65 puntos.

Segundo exercicio: consistirá en desenvolver dous dous temas escollidos ó chou entre os que figuran cos números 15, 16, 17, 18, 19, 20 e 21 da primeira parte do anexo II. Cada un deles será redactado nun idioma distinto a escoller entre inglés, francés e alemán, e deberán ser lidos posteriormente ante o tribunal. O tempo máximo para a redacción de cada tema será de 60 minutos.

Cualificarase de 0 a 130 puntos. Para superalo será necesario obter polo menos 65 puntos.

Segunda parte:

a) Quenda de promoción interna:

Exercicio único: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego. Terá carácter selectivo e non eliminatorio.

Cualificarase ata un máximo de 30 puntos. O tempo máximo de realización será de 30 minutos.

b) Acceso xeral libre:

Primeiro exercicio: consistirá en extraer unha serie de datos dunha base Knosys e reflectilos a través dun procesador de textos nas condicións que sexan determinadas polo tribunal. Terá carácter selectivo e non eliminatorio.

Cualificarase ata un máximo de 30 puntos. O tempo máximo de realización será de 30 minutos.

Segundo exercicio: consistirá na traducción para o galego do mesmo texto do exercicio anterior. Terá carácter selectivo e non eliminatorio. Cualificarase ata un máximo de 30 puntos. O tempo máximo de realización será de 30 minutos.

Terceiro exercicio: consistirá en responder por escrito a un cuestionario de preguntas tipo test, con catro respostas alternativas, das que só unha será correcta, baseado no contido da segunda parte do programa. Cada resposta errónea descontará de acordo coas regras establecidas para o primeiro exercicio da primeira parte. Terá carácter selectivo e non eliminatorio.

Cualificarase ata un máximo de 30 puntos. O tempo máximo de realización será de 30 minutos.

B) Fase de concurso.

Cualificarase ata un máximo de 120 puntos. A valoración da fase de concurso realizarase do seguinte xeito:

Quenda de promoción interna:

1. Antigüidade en postos de categoría distinta ós convocados, en calquera das universidades públicas de Galicia, a razón de 1,5 puntos por mes traballado ata un máximo de 60 puntos.

2. Cursos de formación e perfeccionamento, impartidos por centros e organismos docentes ou investigadores públicos e que estean directamente relacionados cos temas incluídos na primeira parte do programa. Os certificados de asistencia valoraranse con 2 puntos e os de aptitude con 5 puntos, ata un máximo de 30 puntos.

3. Entrevista. Valorarase ata un máximo de 30 puntos.

Quenda de acceso xeral libre:

1. Experiencia en postos de traballo da mesma categoría ou equivalente. Valorarase a razón de 1,5 puntos por mes traballado ata un máximo de 60 puntos.

2. Cursos de formación e perfeccionamento, impartidos por centros e organismos docentes ou investigadores públicos e que estean directamente relacionados cos temas incluídos na primeira parte do programa. Os certificados de asistencia valoraranse con 2 puntos e os de aptitude con 5 puntos, ata un máximo de 30 puntos.

3. Entrevista. Valorarase ata un máximo de 30 puntos.

-Na páxina 1.348, no anexo IV, debe dicir: «Importe: 9.180 ptas.».