Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 1998 Páx. 1.717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 1998, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se notifica resolución de reintegro de pagamento indebido.

Non sendo posible a notificación a Teresa Martínez González, co último enderezo coñecido en Pintor Máximo Ramos, 3-5-2 H Camariñas (A Coruña), da resolución desta dirección xeral pola que se lle require o importe dun millón setecentas corenta e cinco mil catrocentas cincuenta (1.745.450) ptas. en concepto de cobramento indebido de axuda do Fondo de Asistencia Social de Galicia, segundo expediente remitido pola Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, realízase polo presente, conforme prevé o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña emitiralle a oportuna liquidación na que constará a forma e prazo de ingreso.

Contra esta resolución poderá interpoñer, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da notificación, sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:

-Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979.

-Reclamación económico-administrativa perante o tribunal da dita xurisdicción da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1998.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos