Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 1998 Páx. 1.717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 1998, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se notifica resolución de reintegro de pagamento indebido.

Non sendo posible a notificación a José Manuel Sánchez Vázquez, co último enderezo coñecido en Antonio Carballo, nº 8-1º 15007 A Coruña, da resolución desta dirección xeral pola que se lle require o importe de duascentas sesenta e tres mil cincocentas oitenta e dúas (263.582) ptas. en concepto de cobramento indebido de axuda da renda de integración social de Galicia, segundo expediente remitido pola Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, realízase polo presente anuncio, coinforme prevé o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, emitiralle a oportuna liquidación na que constará a forma e prazo de ingreso.

Contra esta resolución, poderá interpoñer, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da notificación, sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:

-Recurso de reposición ante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979.

-Reclamación económico-administrativa perante o tribunal da dita xurisdicción da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1998.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos