Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 1998 Páx. 1.718

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 2 de febreiro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifican as resolucións dictadas polo conselleiro, en recursos interpostos contra resolucións de expedientes sancionadores en materia de transportes devoltas polo servicio de correos (expediente PO-02036-O-92 e vinteoito máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa reguladora dos transportes terrestres.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

En caso de conformidade coas resolucións, deberán facer efectiva a multa, por transferencia bancaria, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións, número 13763620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

E para que conste e sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o dous de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda