Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 1998 Páx. 1.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 27 de decembro de 1997, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, consistente en establece-las aliñacións no tramo da travesía de Meicende, promovida por Dolores Rodríguez Rabuñal, e redactado polo arquitecto Luis Couto González, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante este prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que consideren convenientes. (Expediente 18/1997 PMP).

Arteixo, 15 de xaneiro de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde