Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 1998 Páx. 1.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 29 de xaneiro de 1998, aprobou o expediente expropiatorio, por taxación conxunta, para a obtención dun terreo en Dexo, con destino a campo da festa (equipamento comunitario).

De conformidade co artigo 219.2º do R.D.L. 1/1992, do 26 de xuño, o dito expediente estará exposto ó público na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, das 9 ás 13 horas, polo prazo dun mes, para efectos de presentación de observación e reclamación que se consideren oportunas.

Oleiros, 5 de febreiro de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta