En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Xestión de Explotacións Agrarias Fonte Mandeo que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas físicas ou xurídicas que teñan como actividade principal a ligada á explotación agraria e manteña o compromiso de leva-la xestión da explotación.
Asinan a acta de constitución: Ángel Fidalgo Castro e dezanove persoas máis.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1998.
María José Cimadevila Cea
Directora xeral de Relacións Laborais

