Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 02 de marzo de 1998 Páx. 2.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolucións en expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos. (Expediente 654/1997 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 50.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 3110000025 de Caixa Galicia -Urbana nº 40 da Coruña-, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Fernando Macías 18-1º A Coruña.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de decembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 29 de xaneiro de 1998.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO:

Número expediente: 654/1997.

Denunciado: Julio César Rial Otero.

DNI: 33.290.665.

Enderezo: San Cristovo de Mallón-Santa Comba.

Establecemento: Café bar Moon-Light.

Precepto infrinxido: Art. 26 c) da Lei orgánica 1/1992.

Precepto sancionador: Art. 28 da Lei orgánica 1/1992.

Sanción: 25.000.

Número de expediente: 3304/1996.

Denunciado: Jorge Ozores Vicente.

DNI: X 0811089V.

Enderezo: Unión nº 7-A Pobra do Caramiñal.

Establecimento: Cantina de Jorge.

Precepto infrinxido: Art. 26 c) da Lei orgánica 1/1992.

Precepto sancionador: Art. 28 da Lei orgánica 1/1992.

Sanción: 15.000.

Número expediente: 255/1997.

Denunciado: Edelmira Pestonit del Río.

DNI: 32.322.943.

Enderezo: Alfredo Vicenti, 2-3º A-A Coruña.

Establecemento: Restaurante Zalaeta.

Precepto infrinxido: Art. 26 c) da Lei orgánica 1/1992.

Precepto sancionador: Art. 28 da Lei orgánica 1/1992.

Sanción: sobreser.