En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados, ás 12 horas do día 27 de xaneiro de 1998, a acta de constitución e os estatutos da Asociación Oleira de Buño, que teñen os seguintes ámbitos:
Territorial: comarcal.
Profesional: integrando as persoas que voluntariamente soliciten a súa afiliación e reúnan as condicións legais esixidas para seren consideradas artesáns, recollidas na Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia.
Asinan a acta de constitución: Antonio Pereira Rodríguez e catro persoas máis.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
A Coruña, 27 de xaneiro de 1998.
María Reyes Carabel Pedreira
Delegada provincial da Coruña

