En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Empresa y Dirección (AGED) que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas que exerzan como profesión habitual a dirección e xestión empresarial, a súa representación, xestión, fomento e defensa dos seus intereses xerais e comúns.
Asinan a acta de constitución: María Teresa Suárez Agrasar e dez persoas máis.
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1998.
María José Cimadevila Cea
Directora xeral de Relacións Laborais

