En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Cocineros de las Instituciones Sanitarias de Galicia (Acisga) que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos cociñeiros que presten servicios en institucións sanitarias de ámbito autonómico.
Asinan a acta de constitución: Ramón Sueiro Varela e once persoas máis.
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1998.
María José Cimadevila Cea
Directora xeral de Relacións Laborais

