Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 02 de marzo de 1998 Páx. 2.094

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público a modificación estatuaria da Asociación Profesional de Inspectores Médicos e Inspectores Farmacéuticos, de Carrera, de la Comunidad Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 9 de febreiro de 1998 certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Juan Antonio Martín Tejedor, avalada co visto e prace do seu presidente, José Andrés Seco Otero, na que se reflicte o acordo acadado por unanimidade pola asemblea xeral, na reunión celebrada o 18 de decembro de 1997, e que se concreta no cambio do domicilio social da asociación que pasa a ser: rúa Pizarro, nº 93-4º B, Vigo (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais