De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que
non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do recurso ordinario do expediente nº 15-031/1995, por infracción en materia de defensa do consumidor.
Contra a dita resolución que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer, logo da comunicación a este servicio, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Justicia de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte a esta notificación.
Expediente: 15-031/1995.
Inculpado: Antonio Porto Día.
Domicilio: Rodríguez de Viguri, 41-2º, Santiago de Compostela.
Data da resolución: 2-12-1997.
A Coruña, 9 de febreiro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo

