Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 02 de marzo de 1998 Páx. 2.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 9 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do expediente sancionador 15-331/1997, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), notifícaselle ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente nº 15-331/1997 por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se comunica ó interesado para que no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións ou informacións considere convenientes, e se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente, e que de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15-331/1997.

Inculpado: Aluminios La Barcala, S.L.

Domicilio: Polígono A Barcala, s/n, Cambre, A Coruña.

Motivos: irregularidades na prestacións dun servicio.

Data da iniciación: 7-1-1998.

A Coruña, 9 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo