Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 04 de marzo de 1998 Páx. 2.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOECHE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Moeche.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 6/98.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de mantemento, conservación e reparacións ordinarias da iluminación pública e instalacións eléctricas deste concello.

b) Prazo de execución: un ano, prorrogable por anualidades sucesivas ata un máximo de cinco anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 1.500.000 ptas., IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Moeche. Enderezo: Campos do Foxo, s/n. Localidade e código postal: Moeche, 15563. Teléfono: 40 40 06. Fax: 40 42 00.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG en horario do 9 ás 13 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase consonte o establecido na cláusula 10a dos pregos, no rexistro do concello.

8. Apertura das ofertas.

a) Data: o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. No caso de coincidir en sábado, trasladarase ó luns.

9. Exposicións dos pregos: na secretaría do concello dentro do prazo dos oito días seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no BOP.

10. Gastos dos anuncios.

Os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Moeche, 9 de febreiro de 1998.

Xulio Cribeiro García

Alcalde