1. Entidade adxudicadora: Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Deportes, Patrimonio e Contratación. Nº de expediente 10965/240.
2. Obxecto do contrato: Descrición: redacción do proxecto e execución das obras de remodelación dun chanzo con vestiarios e un campo de fútbol nas instalacións deportivas da Madroa.
Lotes: non.
Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).
Prazo de execución: seis meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base: 125.000.000 de ptas.
5. Garantía provisional: 2.500.000 ptas.
6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono (986) 81 01 48. Fax: (986) 81 02 40.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista:
Clasificación: grupo C, subgrupo: todos, categoría E.
Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira na forma prevista no artigo 16 da Lei de contratos das adminstracións públicas 13/1995.
8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e Diario Oficial de Galicia.
Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas: entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n 36202 Vigo.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte a data de finalización do prazo de presentación de proposicións.
10. Outras informacións: o modelo de proposicións axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.
11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.
Vigo, 23 de febreiro de 1998.
Manuel Pérez Álvarez
Alcalde

