Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 04 de marzo de 1998 Páx. 2.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do concurso aberto para a contración do servicio de notificacións de altas ou variacións nas liquidacións fiscais de 1998 e liquidacións de ingreso directo.

1. Entidade adxudicadora: Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Administración de Tributos, Patrimonio e Contratación. Nº de expediente: 30717/510.

2. Obxecto do contrato: Descrición: servicio de notificacións de altas ou variacións nas liquidacións fiscais de 1998 e liquidacións de ingreso directo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: durante o ano 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 9.900.000 ptas.

5. Garantías: provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono (986) 81 01 48. Fax: (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: data límite: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas: entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte a data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposicións axustarase ó recollido na cláusula 11.4 do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 23 de febreiro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde