O Padroado da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira acorda o 25 de febreiro de 1998 abri-lo proceso de recepción de ofertas para contratación dos seguintes servicios:
A) Seguridade e vixilancia, con vixilante sen arma (Ref. 1/98).
Importe máximo anual: 12.500.000 pesetas.
B) Xestión de mantemento de instalacións e equipos (Ref. 2/98).
Importe máximo anual: 40.400.000 pesetas.
C) Servicio de hostelería integral (Ref. 3/98).
Importe máximo anual: 80.400.000 pesetas.
Canon cafetería: 1.500.000 pesetas.
D) Loxística de arquivo de hostorias e almacén xeral (Ref. 4/98).
Importe máximo anual: 15.000.000 de pesetas.
A documentación completa do prego de condicións técnicas e económicas dos servicios anteriores pódese recoller no Hospital Virxe da Xunqueira, Recheo s/n, Paseo marítimo, 15270 Cee, A Coruña; de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
O período de presentación de ofertas é de 25 días naturais contados desde a publicación deste anuncio no DOG.
José Rey Aneiros
Director da Fundación

