Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 05 de marzo de 1998 Páx. 2.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión celebrada o día 16 de febreiro de 1998, acordou o inicio do precedemento de tramitación do proxecto de compensación da unidade de actuación número catro (UA-4) desta localidade, promovido pola razón social Promociones Inmobiliarias Naya Liñares, Ramón, S.L., redactado polo arquitecto Luis Hermida González, procedéndose en consecuencia a efectua-las notificacións que sinala o artigo 102.4º da Lei 1/1997 e ó mesmo tempo, sometelo a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avenida do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que estimen convenientes. (Expedientes 5/98. COM).

Arteixo, 20 de febreiro de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde