Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 05 de marzo de 1998 Páx. 2.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión celebrada o día 16 de febreiro de 1998, acordou aprobar incialmente o proxecto de urbanización promovido pola razón social Promiciones Inmobiliarias Naya Liñares, Ramón, S.L., para a urbanización da unidade de actuación número catro (UA-4) desta localidade, redactado polo arquitecto Manuel Peleteiro Bandín e visado polo COAG, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contados a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que estimen convenientes. (Expediente 7/98. PUR).

Arteixo, 20 de febreiro de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde