Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 05 de marzo de 1998 Páx. 2.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BÓVEDA

ANUNCIO.

Por medio desta comunicación anúnciase o sometemento ó trámite de información pública durante o prazo dun mes, contado a partir da data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia do proxecto técnico da obra denominada mellora de contorno e accesos do grupo escolar e pavillón polideportivo municipal, redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos, José Enrique Cacicedo Herrero e aprobado provisionalmente pola Comisión de Goberno en sesión celebrada o dezasete de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

Os interesados poderán consulta-lo expediente na secretaría xeral do concello e presenta-las alegacións, dentro do prazo sinalado, no rexistro xeral.

Bóveda, 18 de febreiro de 1998.

José María Vila González

Alcalde-presidente