Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 05 de marzo de 1998 Páx. 2.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión ordinaria celebrada o vinte de xaneiro actual, aprobou as seguintes:

Bases da convocatoria para cubrir unha praza de garda da policía local vacante no cadro de persoal funcionario do exercicio de 1998.

Primeira.-É obxecto da convocatoria a cobertura dunha praza vacante de garda da policía local incluída no cadro de persoal funcionario do exercicio de 1998 aprobada polo Concello de Gondomar, correspondente á escala da Administración especial, servicios especiais, do grupo D.

Segunda.-Requisitos dos/das aspirantes.

1. Seren españois, maiores de idade, sen exceder de 30 anos.

2. Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento da función.

3. Estar en posesión da titulación de graduado escolar ou equivalente.

4. Ser titular do permiso de conducir da clase A2 e B2.

5. Posuír unha estatura de alomenos 1,70 m os homes e 1,65 m as mulleres.

6. Comprometerse por escrito, mediante declaración xurada, a portar armas e, se é o caso, chegar a utilizalas, no caso de resultar seleccionado/a.

7. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das administracións públicas, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas.

8. Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación vixente.

9. Acredita-la aptitude física mediante a presentación dun certificado médico, no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición con independencia de ulteriores comprobacións do reflectido no certificado.

Terceira.-Instancias.

As instancias de solicitude para tomar parte no correspondente proceso selectivo presentaranse no rexistro xeral do concello no modelo que se xunta a estas bases e que facilitará a secretaría xeral no prazo de vinte días naturais a partir da aparición do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, podendo tamén presentarse do xeito previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro. Nas súas instancias os/as interesados/as manifestarán que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base segunda da convocatoria, debendo xunta-lo xustificante do ingreso da taxa por participación no proceso selectivo que se atopa fixada en 3.000 pesetas.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentanción de instancias, o alcalde aprobará a lista de admitidos/das, notificando ós/ás excluídos/das a causa da súa exclusión co obxecto de que poidan reclamar contra ela no prazo de dez días.

Quinta.-Tribunal cualificador.

Estará integrado do seguinte xeito:

Presidente.-O alcalde ou concelleiro en quen delegue.

Secretario.-A do concello ou funcionario en quen delegue.

Vocais.-Un representante da Xunta de Galicia, nomeado/a por ela. O xefe da policía local do concello. Un/ha representante da delegación de tráfico. Un concelleiro designado polo alcalde. Un concelleiro designado conxuntamente polos grupos do BNG e PS de G-PSOE. Un/ha representante das organizacións sindicais presentes na mesa sectorial respectiva.

Tódolos vocais deberán posuí-la titulación ou especificación igual ou superior á esixida para o acceso á praza convocada e podarán ser recusados do xeito previsto no artigo 29 da Lei 30/1992, debendo absterse de actuar nos supostos comprendidos no artigo 28 do mesmo texto legal.

Nomearanse suplentes para cada membro do tribunal. O seu nomeamento farase público no taboleiro de anuncios do concello xunto coa relación de excluídos. Os tribunais non poderán constituirse nin actuar sen a asistencia de alomenos a metade máis un dos seus membros.

Quinta: procedemento selectivo: oposición libre. Constará dos seguintes exercicios eliminatorios:

A) Recoñecemento médico e psicotécnico. Será realizado polos facultativos que para o efecto designe o tribunal, que emitirán o oportuno informe sobre se os/as aspirantes son aptos/as ou non para o exercicio da función. O recoñecemento médico comprenderá a comprobación da estatura e as probas axeitadas a fin de comproba-la existencia de capacidade necesaria para as funcións a realizar. A proba psicotécnica estará dirixida a determina-la aptitude psicolóxica e adecuación á función policial.

B) Probas de aptitude física.

1. Forza flexora de brazos.-Desde a posición de suspensión pura e total extensión dos brazos. Realizaranse un mínimo de cinco flexións, asomando o queixo por enriba da barra, e estendendo totalmente os brazos. Para as mulleras a mesma proba cun mínimo de tres flexións.

2. Salto de lonxitude sen carreira.-Saltar cara adiante cos dous pés ó mesmo tempo e sen coller carreira. Permítese o balanceo de pés de talón e metatarso sen perde-lo contacto co chan. Tomarase a medida desde o sinal máis atrasado que deixe o/a aspirante. A distancia mínima será de 2,25 m os homes e 1,95 as mulleras.

3. Abdominais e lumbares.-En posición horizontal e suxeitos os pés, o/a aspirante incorporase co tronco cara ós xeonllos. En posición horizontal e boca abaixo cos pés suxeitos, o/a aspirante elevará o tronco cara arriba. Os homes deberán realizar 25 exer-

cicios de cada clase en 30 segundos e as mulleras 20 no mesmo tempo.

Flexións.-Partindo da posición de ángulo recto, formado entre a cabeza, pés e mans do/a aspirante co chan, realizará flexións de brazos, tocando o chan co peito, para logo voltar á posición inicial. Os homes deberán realizar un mínimo de 30 flexións e as mulleres 20.

5. Velocidade.-Carreira recta de 50 metros, con saída de pé e cos brazos estendidos ó longo do corpo, pés separados, con pernas extendidas e tronco rectos. O tempo máximo será de 7,3 segundos para os homes e 8,3 para as mulleras.

6. Resistencia.-Percorrer 1.000 metros lisos nun percorrido non necesariamente recto. Para os homes o tempo máximo será de 4 minutos e para as mulleras, 4 minutos e 30 segundos. En tódalas probas físicas, agás a de resistencia, admitiranse alomenos dous intentos.

C) Exercicio escrito.-Obrigatorio e eliminatorio, con dúas partes:

1. Contestación por escrito, durante un tempo máximo de dúas horas, a dous temas, sacados ó chou, cada un dunha das dúas partes que figuran no programa anexo.

2. Exercicio práctico relacionado coas funcións e materias propias do cargo.

D) Proba de galego.-Obrigatoria e eliminatoria. Consistirá nunha proba de coñecemento do galego que determinará o tribunal e que consistirá na traducción dun texto do español para o galega durante un tempo máximo de media hora.

Sexta.-Cualificación dos exercicios.-O exercicio a) cualificarase de apto ou non apto quedando eliminados/das os/as que nen sexan cualificados/das de aptos/as que non acaden un mínimo de 5 puntos no conxunto das probas. O exercicio c) cualificarase cada unha das dúas partes de 0 a 10 puntos, quedando eliminados/as os/as que non acaden un mínimo de 10 puntos no conxunto delas. O exercicio D) cualificarase de 0 a 4 puntos, quedando eliminados/as os/as que non acaden un mínimo de 2 puntos.

Sétima.-Cualificaicón final.-A suma das puntuacións acadadas no conxunto dos exercicios dará a cualificación final, non podendo o tribunal propoñer para o seu nomeamento a máis dun/ha aspirante.

Oitava.-Nomeamento de funcionario/a en prácticas.-O/a aspirante proposto/a polo tribunal será nomeado/a funcionario/a en prácticas e deberá supera-lo curso correspondente na Academia Galega de Seguridade para ser nomeado en propiedade garda da policía local do concello. Durante o tempo que permaneza nesa situación percibirá as retribucións que lle correspondan polo soldo e pagas extraordinarias do grupo D, agás nos períodos en que as prácticas se desenvolvan no mesmo posto de traballo.

Novena.-Presentación de documentos e nomeamento. O/a aspirante proposto/a presentará na secretaría do concello dentro do prazo de vinte días naturais a partir de que sexa publicado no taboleiro de anuncios a proposta de nomeamento os documentos acreditativos de que reúne os requisitos esixidos na base segunda da convocatoria. Se dentro do prazo indicado, e salvo circunstancias de forza maior, non presentara a documentación ou se comprobara que non reúne os devanditos requisitos, no poderá ser nomeado/a e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puidera ter incorrido por falsidade na instancia de solicitude. Nese caso, o tribunal poderá formular nova proposta de nomeamento a favor do/a aspirante que, tendo superado a totalidade do proceso selectivo, o siga na orde de puntuación.

O/a nomeado/a deberá tomar posesión do seu cargo no prazo de 30 días naturais contados a partir de que lle sexa notificado o nomeamento.

Décima.-Incidentes. O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que se presenten e adopta-las decisións precisas para o normal desenvolvemento do proceso selectivo ó abeiro da lexislación aplicable.

ANEXO

Bases garda policía local

Parte primeira.

1. A constitución como norma fundamental do Estado.

2. A Constitución. Título preliminar. Dereito e deberes fundamentais dos españois. A organización do Estado na Constitución.

3. Principios xerais do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro).

4. A Administración do Estado. Caracterización xeral. O Goberno. A administración periférica do Estado. O delegado/a do goberno nas comunidades autónomas.

5. Estatuto de Autonomía de Galicia. A Administración autonómica: características xerais.

6. O réxime local español. As entidades que configuran a Adminsitración local española. A súa autonomía de acordo coa Constitución.

7. O municipio. Concepto e elementos. O termo municipal. A poboación. Órganos de goberno do concello e o seu funcionamento.

8. A función pública local. O persoal ó servicio do concello e a súa clasificación. Dereitos e deberes dos funcionarios.

9. Organización da policía local. Estructura. Principios básicos de actuación. Colaboración con outras forzas e corpos.

10. Normativa sobre policías locais: réxime de ingreso, promoción e mobilidade. Réxime disciplinario.

11. Coñecemento do Concello de Gondomar no seu aspecto físico, demográfico, económico e social.

Parte segunda.

1. A policía local como policía administrativa desde a perspectiva da lexislación do réxime local: ordenanzas, bandos e demais disposicións ou actuacións municipais.

2. A policía local como policía xudicial desde a perspectiva das normas estatais e autonómicas que o atinxen. Dereitos do detido.

3. A ordenación do tráfico. Principios xerais e normas de circulación. Normativa reguladora.

4. Sinalizacións de tráfico. Criterios para ordena-lo tráfico no núcleo urbano. Adiantamentos, detencións e estacionamentos.

5. Circulación de automóbiles: clasificación requisitos administrativos. Permisos de conducir: concepto, clases e facultades que confiren. Licencias de conducción.

6. O accidente de tráfico: concepto e clases. Investigación de accidentes. O atestado.

7. A Lei de seguridade vial: estructura e principios xerais. Protección civil: principios básicos de actuación e funcións da policía local.

8. Delictos dos funcionarios públicos contra o exercicio dos dereitos das persoas recoñecidos polas leis. Detencións ilegais. A entrada en domicilio.

9. Delictos dos funcionarios públicos no exercicio do seu cargo: infidelidade na custodia de documentos. Violación de segredos. Suborno. Denegación de auxilio.

10. A Lei 3/1992, de coordinación das policías locais de Galicia. Principios. Órganos de coordinación. O réxime estatuario das policías locais de Galicia.

Gondomar, 26 de xaneiro de 1998.

Ramón Sestelo Fernández

Alcalde