Aprobado o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Mos no que se conteñen a estratexia, directrices e obxectivos xerais do plan, e en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante a exposición ó público poderanse suxeri-lo que se estime oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que estimen procedentes.
O expediente poderá ser consultado na secretaría do concello, de luns a venres, das 9 ás 14 horas.
Mos, 28 de xaneiro de 1998.
Ramón Alonso Fernández
Alcalde

