Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 05 de marzo de 1998 Páx. 2.247

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL COMARCAL DA BARBANZA

ANUNCIO de contratación de persoal facultativo de diversas especialidades para a Fundación Pública Hospital da Barbanza.

No uso das atribucións recollidas no artigo 3º da Lei 10/1996, do 5 de novembro (DOG nº 227 do 20 de novembro), o padroado da Fundación Pública Hospital da Barbanza acordou a aprobación do cadro de persoal facultativo do centro, así como a convocatoria das correspondentes probas de selección

de persoal facultativo, con respecto ós principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, segundo determina o artigo 2º da devandita lei.

En virtude del, esta dirección fai pública a convocatoria da selección do persoal facultativo, conforme as seguintes bases:

Prazas convocadas:

EspecialidadeNúmeroReferencia

Medicina interna2MIR

Cirurxía xeral2CXD

Traumatoloxía2TRA

Xinecoloxía e obstetricia2XIN

Pediatría1PED

Anestesia e reanimación2ANE

Otorrinolaringoloxía1ORL

Uroloxía1URO

Dermatoloxía1DER

Radiodiagnóstico1RDX

Urxencias10URX

Farmacia1FAR

Titulación requirida: a licenciatura e especialidade esixida legalmente para o desempeño de cada unha das prazas convocadas.

Tipo de contrato: a contratación do persoal que resulte seleccionado someterase ó disposto no R.D.L. 8/1997, do 16 de maio, en materia de fomento da contratación indefinida e tamén ó disposto no artigo 15.1º do Estatuto dos traballadores.

Procedemento de selección: consistirá, en primeiro lugar, nunha proba eliminatoria sobre un suposto clínico correspondente a cada especialidade. A proba superarase coa cualificación de apto.

Os candidatos como aptos participarán na segunda fase consistente na valoración que se deduza dos méritos e da entrevista persoal. Previamente publicarase o baremo polo que serán avaliados os méritos, que consistirán na experiencia e na formación.

Coa puntuación obtida, de acordo co baremo de méritios e a que resulte da entrevista, ponderadas nun 45% e 55% respectivamente, confeccionarase un listado final por orde de puntuación acadada por cada aspirante.

A FPHB resérvase o dereito de seleccionar un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas en cada especialidade, seguindo na elección a orde do listado final. A FPHB resérvase tamén o dereito de declarar deserta algunha das prazas convocadas.

A selección, de conformidade co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996, do 5 de novembro (DOG nº 227, do 20 de novembro), será efectuada por unha comisión técnica designada para o efecto. Esta comisión resérvase o dereito de realizar outras probas accesorias que considerase pertinentes.

Inicio das probas: as probas non se realizarán antes dun mes, desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996.

Dereitos de exame: os candidatos deberán aboar 2.000 ptas. en concepto de dereitos do exame na conta do BBV nº 0182-5947-13-0010222224.

Solicitude de participación; para participar neste proceso deberase remitir solicitude do interesado dirixida á Fundación Pública Hospital da Barbanza, Apdo. de correos 106 de Ribeira (A Coruña), no prazo improrrogable de vinte días desde a publicación do presente anuncio, indicando no sobre a referencia da praza á que se opta. Deberase achegar unicamente xustificante de pagamento dos dereitos do exame, copia compulsada do título esixido e fotocopia do DNI.

A documentación xustificativa dos méritos alegados deberase achegar no momento de realización da proba escrita.

Exclusións e reclamacións: a non reunión dos requisitos mínimos, o non pagamento dos dereitos de exame, a insuficiente identificación ou o pagamento dos dereitos do exame fóra do período establecido para iso dará lugar á exclusión do proceso de selección, sen posibilidade de reclamación.

Incorporación: os candidatos seleccionados incorporaranse de forma gradual segundo as necesidades de posta en marcha dos servicios do hospital e logo de superación do recoñecemento médico que o faculte para o desempeño da praza.

Teléfono de información: (981) 83 59 01.

Ribeira, 27 de febreiro de 1998.

Rubén Sanz Cartagena

Director da Fundación Pública Hospital da Barbanza