O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria celebrada o 29 de xaneiro de 1998, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número tres das normas subsidiarias do Concello do Grove.
Conforme co establecido no artigo 42.1 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, este expediente exponse ó público por prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo os interesados durante este prazo examinalo nas oficinas da secretaría municipal e presenta-las alegacións que consideren oportunas.
O Grove, 19 de febreiro de 1998.
José Antonio Galiñanes Mascato
Alcalde

