O Pleno da Corporación Municipal, en sesión con data do 23 de xaneiro de 1998, acordou aprobar definitivamente o expediente de modificación puntual nº 22 do PXOU, no seu apartado 5.3., referente á Industria Lantero, conforme a que o predio situado ó norte, cualificado actualmente como residencial R-5 (vivenda unifamiliar) pasará a ser industrial exclusivo, con aplicación da ordenanza nº 8 do plan xeral vixente e a aliñación pola Avda. Rosalía de Castro será a que establece o plan xeral vixente.
O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
Vilagarcía de Arousa, 11 de febreiro de 1998.
Manuel Rodríguez Cuervo
Alcalde

