Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 06 de marzo de 1998 Páx. 2.284

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de febreiro de 1998 pola que se anuncia o proseguimento do procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 6 de maio de 1992 (DOG do 7).

En virtude da sentencia dictada polo Tribunal Supremo no recurso de casación número 745/1993 contra a sentencia do 19 de novembro de 1992 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Deixar sen efecto a Orde do 22 de xuño de 1992, pola que se suspendía a execución da Orde do 6 de maio de 1992 de convocatoria de probas selectivas de ingreso no corpo de mestres, en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-Continua-lo procedemento selectivo anunciado na citada Orde do 6 de maio de 1992, coas mesmas bases que nela figuran.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria