Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 06 de marzo de 1998 Páx. 2.284

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 23 de febreiro de 1998 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, varios postos de traballo vacantes que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e se especifican no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo (edificio administrativo de San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela), nas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude sinálase no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto.-No caso de resultar seleccionado algún funcionario con destino noutra Administración pública tramitaráselle o seu traslado a esta Comunidade Autónoma e unha vez concedido pola súa Administración de orixe, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses a partir da publicación da resolución no DOG o funcionario seleccionado non puidese incorporarse ó seu posto de traballo por non atoparse resolto o seu traslado á Comunidade Autónoma de Galicia, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderase declarar deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes se está en localidade distinta ou leva consigo o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución.

Oitavo.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo previsto na Lei reguladora da

xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1998.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO I

-Núm. vacan.: 1.

Cód. posto traballo: CUC0200001 5770001.

Localidade: Santiago de Compostela.

Departamento: secretaría xeral.

Posto de traballo: subdirector/a xeral Coordinación Administrativa e Control Orzamentario.

Grupo: A.

Nivel C. destino: 30.

Compl. Específ.: 2.275.968.

Tipo posto: N.

Corpo/escala: xeral.

Formación específica: diploma directivo.

-Núm. vacan.: 1.

Cód. posto traballo: CUC0200001 15770041.

Localidade: Santiago de Compostela.

Departamento: secretaría xeral.

Posto de traballo: xefe/a do Servicio Técnico Xurídico.

Grupo: A/B.

Nivel C. destino: 28.

Compl. Específ.: 1.673.525.

Tipo posto: N.

Corpo/escala: xeral.

Formación específica: licenciado en dereito.

-Núm. vacan.: 1.

Cód. posto traballo: CUC0400001 15770005.

Localidade: Santiago de Compostela.

Departamento: Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Posto de traballo: xefe/a do Servicio de Protección do Patrimonio Cultural.

Grupo: A/B.

Nivel C. destino: 28.

Compl. Específ.: 1.673.525.

Tipo posto: N.

Corpo/escala: xeral/especial.

ANEXO II

NOTA: úsese o publicado na páxina 2.283.