Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 06 de marzo de 1998 Páx. 2.285

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1998 de corrección de erros da do 19 de xaneiro de 1998 pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico especialista en electrónica (C.A.C.T.I.), vacante no cadro de persoal laboral desta universidade (DOG número 30 do 13 de febreiro).

Detectado erro na publicación da Resolución do 19 de xaneiro de 1998 (DOG número 30 do 13 de febreiro) da Universidade de Vigo, pola que se convoca unha praza de técnico especialista en electrónica (C.A.C.T.I.), vacante no cadro de persoal laboral desta universidade, e de conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

Este rectorado resolve corrixi-lo padecido na páxina 1.516, anexo II: programa primeira parte, suprimi-lo apartado 5: «Equipamento electrónico audiovisual: edición de vídeo, animación de imaxes audiovisuais, utilización de estacións de traballo (Silicon Graphics, video-machine)».

Vigo, 18 de febreiro de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo