Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 06 de marzo de 1998 Páx. 2.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Marín acordou, en sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 1998, aprobar definitivamente o estudio de detalle relativo ó expediente de construcción dun edificio de soto, planta baixa, dous pisos e baixo cuberta, para vivendas en Aguete-Seixo, presentado por Mardaco, S.L., e redactado polo arquitecto Francisco Estévez Cerdeira, con documentación visada polo COAG o día 3 de xullo do ano 1997, consonte o informe e demais documentación que consta no expediente administrativo e nos mesmos termos da súa aprobación inicial.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e inte

resados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados presonalmente.

Marín, 2 de febreiro de 1998.

Augusto Casal Sánchez

Alcalde-presidente