Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 06 de marzo de 1998 Páx. 2.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o 30 de xaneiro de 1998, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para ordenación de volumes na Ramallosa, promovido por Smanlus, S.L. e redactado polo arquitecto Guillermo Lago Davila.

Faise público o referido acordo coa indicación de que pon fin á vía administrativa, polo que contra este se pode interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación ou notificación, se é o caso, logo da comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado. Todo iso sen prexuízo de que se poida exercitar calquera outro recurso que se estime procedente.

Nigrán, 11 de febreiro de 1998.

José Villar Pereira

Alcalde