Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 06 de marzo de 1998 Páx. 2.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 18 de decembro de 1997, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM consistente no troco de uso dunha parcela no ámbito do P.P.-5, no Pto. Sta. Cruz, Liáns, co fin de prosibilita-la implantación nesta dun centro de saúde. Acordouse, así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipales de urbanismo das 9 ás 13 horas tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 29 de xaneiro de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta