Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 06 de marzo de 1998 Páx. 2.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-305).

Por resolución número 984/98, con data do 25 de febreiro de 1998, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da U.E.17 (polígono I), situada en Rúa do Areal, Avda. Rosalía Castro, en

Perillo, condicionando a súa aprobación definitiva á do PERI, tramitado por Parque de Santa Cruz, S.L. Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 26 de febreiro do 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta