Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.328

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrión e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta do acordo da comisión paritaria do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Orember, S.A. de Ourense para o ano 1998.

Visto o texto da acta do acordo da comisión paritaria do convenio colectivo da empresa Orember, S.A. (código nº 3200252) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica, pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa, integrantes todos eles da comisión mixta do convenio, na reunión celebrada o día 28-1-1998, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 9 de febreiro de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta de acordo da comisión mixta do convenio

colectivo da empresa Orember, S.A.

Ás 12.30 horas do día 28 de xaneiro de 1998, nos locais de Orember, S.A., no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, reúnense as persoas a seguir relacionadas, integrantes da comisión paritaria do convenio de empresa de Orember, S.A., co obxecto de acadar un acordo sobre incremento dos conceptos económicos do ano 1998, de acordo co establecido no convenio da empresa que, con vixencia ata o 31 de decembro de 1998, subscribiron ámbalas partes o día 10-9-1996.

Parte social:-Polo comité de empresa:

Manuel Gómez Lorenzo, DNI nº 34.910.257.

Manuel Conde Seoane, DNI nº 34.959.497.

Parte empresarial:

Germán Viso Rodríguez, DNI nº 34.934.285.

Ramón Vázquez Lista, DNI nº 32.753.769.

Tralas consideracións que se xulgaron oportunas, formuladas por cada unha das partes, a comisión mixta do convenio adopta por unanimidade os seguintes acordos:

Primeiro.-No ano 1997 aplicouse un incremento económico do 3,75%, con incremento garantido do índice de prezos ó consumo (IPC) do ano 1997 incrementado nun 0,25%.

Como o IPC acumulado de xaneiro a decembro non acada a cifra establecida do 3,5% a partir da cal operaría a cláusula de salvagarda, non procede a regularización do incremento salarial correspondente a 1997.

Segundo.-Para 1998, terceiro ano de vixencia do convenio, estableceuse un incremento económico igual ó índice de prezos ó consumo real do ano 1998, con aplicación inicial do IPC previsto polo Ministerio de Economía y Hacienda para o ano 1998.

De conformidade con esta previsión, procede un incremento salarial para o ano 1998 do 2,1%, sen prexuízo de que opere a cláusula de regularización se a inflación acumulada do ano 1998 supera esa cifra do 2,1%, suposto no que o incremento económico se axustaría ata o valor real da inflación.

Así mesmo, comezarase a contribución obrigatoria da empresa ó plan de xubilación establecida no 1% do importe do salario base e complemento ad personam, de conformidade co disposto no artigo 72 do convenio.

Terceiro.-O presente acordo de incremento económico dos conceptos salariais terá efectos desde o 1 de xaneiro de 1998 e será de aplicación na nómina de xaneiro.

Cuarto.-As contías dos salarios bases e o valor das horas extraordinarias son os recollidos nos anexos I e II que se xuntan á presente acta, unha vez aplicado o incremento do 2,1%, así como a compensación por antigüidade de 18.192 pesetas, que xa figura incluída na contía dos salarios base de tódalas categorías.

O incremento do 2,1% aplicarase igualmente ós complementos ad personam.

Quinto.-Os valores do plus de locomoción son os que figuran no anexo III, que manteñen os valores do ano 1996.

De conformidade co disposto no convenio colectivo, os incrementos correspondentes a este concepto económico serán destinados como contribución obrigatoria do traballador ó plan de xubilación que se constituirá na presente anualidade.

A cantidade de incremento do plus de locomoción correspondente ó ano 1998 será de 762 pesetas mensuais.

Esta cantidade resulta da actualización ó 2,1% do valor do plus de locomoción do ano 1997, sendo o novo valor de plus para ese ano de 9.224 pesetas. Este valor é unha media do plus de locomoción, con valor igual para tódalas categorías na empresa, establecido para efectos de determina-la contribución obrigatoria dos traballadores ó plan.

Sexto.-Así mesmo e de conformidade co establecido no artigo 32 do convenio, a antigüidade consolidada non sufrirá incremento nin diminución, quedando establecida no valor de 3.790 pesetas mensuais.

O importe da compensación pola supresión da antigüidade, establecido en 18.192 pesetas ano, foi incluído no valor dos salarios base das distintas categorías.

O plus de xornada recollido no artigo 34 por mes efectivamente traballado, ascende ás seguintes contías:

-Plus de tres quendas: 12.495 pesetas.

-Plus de catro quendas: 28.406 pesetas.

-Plus de dúas quendas e xornada partida: 9.889 pesetas.

En concepto de quebranto de moeda, os pagadores percibirán a cantidade mensual de 4.302 pesetas.

Sétimo.-O importe do plus de especialidade de mantemento, unha vez aplicado o incremento de convenio, terá os seguintes valores:

-Oficial 1ª e 2ª: 30.000 pesetas.

-Oficial 3ª: 20.000 pesetas.

Oitavo.-Delegar en Germán Viso Rodríguez para que presente esta acta e os seus anexos na Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, co fin de que por esta se lle dea o trámite oportuno, incluída a súa remisión ó SMAC e a publicación no BOP.

E, en proba de conformidade, ratificando en tódolos seus extremos a presente acta, os asistentes asinan no lugar e data arriba indicados.