De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, un posto de traballo vacante no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións que para o posto se sinalan no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, (edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), nas delegacións provinciais, e nas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra
tivo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo modelo que se inclúe no anexo II.
Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntarlle á petición un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.
Quinto.-No caso de resultar seleccionado para ocupa-lo posto de traballo un funcionario con destino noutra Administración pública, tramitarase o seu traslado a esta Comunidade Autónoma conforme o previsto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e nas demais disposicións concordantes.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderán declararse desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior radica na mesma localidade que a do novo destino, e dun mes, se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo do funcionario. Este prazo empezarase a contar a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes
ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
Oitavo.-Contra a presente orde, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1998.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO I
Denominación do posto: xefe Servicio Formación do Profesorado.
Código do posto: ED.C05.00.002.15770.010.
Dependencia: Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional.
Localidade: Santiago de Compostela.
Grupo: A/B.
Nivel: 28.
Complemento específico: 1.673.520.
Corpo ou escala: xeral/docente.