En uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, varios postos de traballo que se relacionan no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e que se especifican no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar na convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificio administrativo de San Caetano nº 5, Santiago de Compostela), nas súas delegacións territoriais ou nas oficinas sinaladas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles contados
a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude publícase no anexo II.
Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntarlle á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.
Quinto.-O nomeamento dun funcionario con destino definitivo noutra Administración pública ou que preste os seus servicios na Comunidade Autónoma de Galicia como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, que resultase seleccionado para ocupa-lo posto de traballo anunciado, estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable, conforme o previsto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG, e poderá declararse deserto o posto ou postos de traballo se se considerase oportuno.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior está na mesma localidade que o novo destino, e dun mes se está en localidade distinta ou comporta reingreso ó servicio activo. O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución, agás no caso de procedencia doutras administracións, en que deberá
efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da comunicación da resolución de traslado á Comunidade Autónoma de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
Oitavo.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación e logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 1998.
Amancio Landín Jaráiz
Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura
ANEXO I
Código: PE.C02.00.000.15770.001.
Denominación do posto de traballo: secretaría.
Centro directivo: secretaría xeral.
Localidade: Santiago de Compostela.
Corpo ou escala: xeral.
Grupo: C/D.
Nivel: 18.
Complemento específico: 535.524.
Requisitos: mecanografía.
Código: PE.C02.00.001.15770.036.
Denominación do posto de traballo: xefe de servicio de persoal.
Centro directivo: secretaría xeral.
Localidade: Santiago de Compostela.
Corpo ou escala: xeral.
Grupo: A/B.
Nivel: 28.
Complemento específico: 1.673.520.
ANEXO II
NOTA: úsese o publicado nas páxinas 2.402 e 2.403.