Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 1998 Páx. 2.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público aberto, por tramitación de urxencia, para a contratación dunha asistencia técnica para a prestación do servicio de información e orientación técnica para a realización da declaración sobre a renda das persoas físicas, mediante o programa Padre, en centros localizados na Xunta de Galicia.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso público polo procedemento aberto e por

tramitación de urxencia para a contratación dunha asistencia técnica para a prestación do servicio de información e orientación técnica tributaria para a realización da declaración sobre a renda das persoas físicas, mediante o programa Padre.

As características básicas da contratación son as seguintes:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Economía e Facenda. Seeretaría Xeral e do Patrimonio. San Caetano s/n, 15704 Santiago de Compostela. Tlf.: 54 41 47. Expediente 10/1998.

2. Obxecto do contrato: contratación dunha asistencia técnica que permita ofrecerlles ós contribuíntes, a través de cita previa, un servicio completo de información e orientación técnica tributaria para a realización da declaración sobre a renda das persoas físicas, correspondente ó exercicio de 1997, mediante o programa Padre.

A execución do contrato realizarase segundo a distribución territorial que se detalla no prego de prescricións técnicas.

3. Prazo de execución: o servicio de información tributaria sobre a renda e o patrimonio entrará en funcionamento o 4 de maio de 1998 e prolongarase ata o 30 de xuño de 1998, ambos inclusive, se ben durante o mes de abril se levará a cabo un período de formación específico de 20 horas de duración dirixido a 40 das persoas seleccionadas pola empresa. O dito período de formación considérase para tódolos efectos incluído no período de execución do presente contrato.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

A) Tramitación: urxente.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma de adxudicación: concurso público.

5. Orzamento base de licitación: importe total, trece millóns catrocentas dúas mil catrocentas pesetas (13.402.400), IVE incluído.

6. Garantía provisional: 2% do orzamento base de licitación, equivalente a duascentas sesenta e oito mil corenta e oito pesetas (268.048).

7. Obtención de documentación e información: nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, no edificio administrativo de San Caetano s/n, C.P. 15704 Santiago de Compostela. Tlf: 54 41 47; fax: 54 41 25.

A data límite de obtención da documentación e información será a fixada para o prazo de presentación das proposicións.

8. Presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no prazo de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares. Tódolos documentos esixidos no prego de

cláusulas administrativas particulares deberanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dirixidos á Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, edificio administrativo de San Caetano, s/n; C.P. 15704 Santiago de Compostela.

9. Apertura das ofertas: a mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público ó que poderán asisti-los licitadores ou os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela), ás 10 horas do terceiro día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

O importe do anuncio de licitación correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda