Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 1998 Páx. 2.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 6 de febreiro de 1998, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se anuncia o extravío do resgardo de depósito 419/1991, para efectos de expedición de duplicado.

Producido o extravío do resgardo do depósito constituído en metálico varios número 419 o 14 de marzo de 1991 por importe de 100.000 ptas. (cen mil) na Caixa de Depósitos desta delegación, garantindo a Romualdo Fernández Cuerno, formúlase requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, para que o presenten sen máis demora nesta delegación territorial.

Se transcorrido o prazo de dous meses contado desde a data da publicación da presente cédula, non se presentara, procederase sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade do exemplar orixinal extraviado, o que non terá ningún valor nin poderá producir efecto perante a Administración nin perante terceiros.

A Coruña, 6 de febreiro de 1998.

P.D.

Enrique Fernández Arias

Secretario